XVI Xornadas de Tecnoloxía

cartaz

                             Cartaz en pdf                                                             

Os vindeiros 21 e 22 de abril, terán lugar no IES Xesús Taboada Chivite de Verín as XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí (https://apetega.gal/sites/default/files/2017-04/programa.pdf)

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas (resolución). O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

    Nota: Consulte por favor o programa das xornadas antes de formalizar a súa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)
  • Non socios/as: 60 euros

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 3 ao 17 de abril de 2017.
  2. Segundo corresponda, facer o ingreso na conta de ABANCA nº  ES87 2080 51 41333040007346 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.
  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVI Xornadas da aula virtual (tódolos socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá,  desde as 21:00 horas do 19 de abril de 2017

Outras actividades ao redor das XVI Xornadas:

  1. Venres, 21 de abril, pola mañá: visita á Bodega Crego e Monaguillo, en horario de 11:00h a 13:00h.

    Localización: Salgueira de Monterrey (Ourense) [ coordenadas 41.9308693,-7.5264582 ]

  2. Sábado, 22 de abril: 16:00 h a 16:30h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA) no hotel Brasil ( Verín)

 

Información complementaria:

1.- Localización e contacto co instituto:

O IES Xesús Taboada Chivite atópase en Verín, na rúa Avenida de Portugal 116 [ coordenadas 41.933452,-7.4415087 ]. Achegamos o seu mapa de localización  e un enderezo electrónico do centro educativo.

Aviso importante: NON é o 1º instituto que se ve entrando dende a Autovía (saída 173) . Está entrando xa en Verín, e ao lado doutro instituto (IES García Barbón)

2.- Localización do auditorio de Verín.  [ coordenadas 41.9378353,-7.4286926]

No auditorio será a conferencia inaugural ó cargo de Ceo Aberto.

(https://apetega.gal/sites/default/files/2017-04/Apetega_%20De%20a%20rue…).

3.- Aloxamento:

4.- Xantar, venres 21 de abril:

       Parrillada A Lousa que conta cun menú do día variado (en torno a 11 €) e que está próximo ao instituto (andando a ritmo tranquilo leva uns 10 minutos).

5.- Cea, venres 21 de abril:

       Tapeo ou cea lixeira nun dos restaurantes da vila (10-15€), segundo o número de inscritos suxerimos alí ou con antelación concertamos un sitio. En xeral, Verín conta cun gran abano de restaurantes cunha relación calidade-prezo moi aceptable.

6.- Xantar, sábado 22 de abril: (20€) , no restaurante Brasil.

Menú: 1os: Tosta de xamón + ensalada Monterrei + Zamburiñas salteadas con verduras e gambas.

2o: a elixir entre 2 carnes e 2 pescados (chuletón / cabrito/ rodaballo/ bacallau).

Sobremesa, Viños D.O. Monterrei, e café.

Benvido/a ao sitio web de APETEGA

.