Condicións, termos de uso e política de privacidade

Este espazo pertence á Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (en diante APETEGA),  con domicilio no apartado de Correos 142, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña) e CIF: G-36845741. 


APETEGA dálle a benvida á súa aula virtual, e invítao a ler as condicións e termos que regulan o acceso e uso de "www.apetega.gal/aula", de conformidade co establecido na lexislación española.
Antes de visitar este sitio web ou empregar os seus servizos e aplicacións, vostede deberá ler e aceptar de forma expresa as condicións de uso deste portal, así como respetar a política de privacidade e de protección de datos establecida.

APETEGA resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións nas que presta este servizo; é por tanto responsabilidade de cada usuario a atenta lectura deste documento cada vez que acceda ao sitio web, polo que de non estar de acordo con calquera parte do mesmo, deberá abandonar www.apetega.gal/aula ou, se é un usuario rexistrado, solicitar a baixa a través deste formulario.

Co ánimo de que o uso deste portal se axuste a criterios de transparencia, APETEGA informa aos usuarios que poden enviar calquera suxestión, dúbida ou consulta sobre este documento ou sobre o funcionamento da web a través deste formulario de contacto.

Condicións e termos de uso do sitio web

Nota: as seguintes condicións foron establecidas pola Xunta directiva de Apetega, quedando aprobadas pola Asemblea de socios celebrada en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 2017.


1.- Definicións e termos




"plataforma" ou "sitio web"
Designa o espazo de internet accesible desde www.apetega.gal/aula desenvolto con Moodle (software libre con licenza GNU).
"contido".

Son os recursos e actividades establecidos na plataforma.

"contido de usuario (CU)". 

Contidos enviados polos usuarios da web, incluíndo calquera información presentada nas mensaxes, comentarios, foros, etc. 

"cursos"
Son agrupacións de contido sobre unha ou varias temáticas. Máis información.
"convidado".

É o usuario que accede á plataforma sen necesidade dun proceso de rexistro.

"usuario"
ou
"usuario autenticado"

Son as persoas rexistradas na plataforma. Cada usuario terá un ou varios dos seguintes roles:

  1.     Alumno/a.- Usuario matriculado nun curso que pode acceder aos recursos, sen modificalos, e realizar as actividades propostas.
  2.     Profesor/a.- Usuario asignado a un curso que incorpora contidos ao mesmo e avalía aos alumnos. Ten restrinxida a matrícula de alumnos/as aos cursos.
  3.     Socio/a.- Usuario matriculado nun curso que mantén a condición de asociado de APETEGA - sen débedas-, que pode acceder aos recursos sen modificalos.
  4.     Coordinador/a.- Usuario que pode matricular alumnos, asignar profesores e subir contido a un curso creado.  Preferentemente será a persoa que coordine as Xornadas.
  5.     Administrador/a.-  Usuario con todos os permisos no sitio web. Correspóndelle a APETEGA o seu nomeamento e cese e o control das súas actividades e procesos na plataforma.
 


2.- Obxectivo da plataforma


Os obxectivos da plataforma son:

  1. Ofrecer un conxunto de ferramentas para axudar a desenvolver as actividades de formación do profesorado, tanto presenciais como online, organizadas por APETEGA.
  2. Realizar enquisas online entre asociados/as por parte da directiva.
  3. Ofrecer recursos para as materias de Tecnoloxía (ESO), Tecnoloxía Industrial (Bac), Electrotecnia (Bac), Robótica (Bac), Tecnoloxía de  Información e Comunicación (Bac) e calquera outra de ámbito autonómico ou estatal que sexa impartida polo profesorado de Tecnoloxía en Galicia.
  4. Calquera outro que determine a directiva ou a asemblea de socios de APETEGA.

3.- Rexistro de usuarios na plataforma e asignación de roles


O acceso aos cursos da aula virtual de APETEGA precisa do rexistro previo dos usuarios por parte do administrador da plataforma ou do coordinador do curso, dado que non se permite o auto-rexistro dos usuarios.
Con carácter xeral, as condicións para o rexistro ou o acceso e uso dos servizos que se ofrecen en www.apetega.gal/aula  son as seguintes:

  • Ter cumpridos 14 anos. Non está permitido o rexistro de usuarios menores de 14 anos que non conten coa debida autorización de seus pais ou titores legais. 
  • Facilitar neste correo unha serie de datos de identificación: DNI, nome e apelidos, vila onde reside e indicar un correo electrónico de contacto.
    De non ter 14 anos, deberase indicar tamén o nome e o correo electrónico do seu proxenitor.
  •  Aceptar o uso do servizo unicamente para fins lícitos, de forma que non se infrinxan o uso e dereitos doutros usuarios.

De cada membro que solicite o rexistro, crearase un "nome de usuario", que se corresponderá co seu DNI (coa letra minúscula e sen guión), e un "contrasinal". APETEGA facilitará por correo electrónico eses datos para entrar no sitio web.

A cada usuario rexistrado, asignaráselle para cada curso un ou varios dos seguintes roles: alumno/a, profesor/a, coordinador/a de curso e socio/a, en función do uso que fará da plataforma e dos seus recursos.
Os usuarios menores de 18 anos só poderán ter o rol de alumno/a e/ou socio/a.

A designación, cese e control das actividades dos roles, aparece reflectida na seguinte táboa:
  




rol
asignado por
 duración
ten acceso a
 
 alumno/a     

 
coordinador do curso  ou  administrador
    
   
  indefinida                    
curso de formación do profesorado presencial ou online no que se matricule.
  profesor/a      

coordinador do  curso  ou administrador

                 indefinida  
curso de formación do profesorado presencial ou online no que imparta docencia.

coordinador/a de curso

APETEGA* 
temporal 
curso de formación do profesorado presencial ou online que dirixa e/ou coordine.
socio/a

tesoureiro/a
APETEGA *

temporal
todos os cursos, recursos, etc
 administrador APETEGA*
temporal
toda a web

* Orde ao administrador para a asignación ou baixa deses roles.

APETEGA resérvase o dereito de bloquear temporal ou definitivamente o acceso a calquera usuario rexistrado, sen necesidade de aviso previo, se considera que o comportamento destes usuarios é incompatible con estas normas e co bo funcionamento da plataforma ou se detecta que a información subministrada para o rexistro non é exacta ou veraz.

Os roles de administrador e coordinador de curso serán desactivados a petición propia dos usuarios que os ostenten. Tamén poden perder esta condición cando a directiva de APETEGA considere que a achega deste usuarios á plataforma está paralizada ou rematada; neste último caso é necesario o aviso previo.

O rol de socio, que terá dereito á matrícula en todos os cursos do sitio web, só poderá realizar as actividades dos cursos nos que previamente estea matriculado como alumno ou nos que estean relacionados con enquisas e outros temas referentes ao funcionamento da propia asociación.
APETEGA resérvase o dereito de retirar este rol e bloquear o acceso á plataforma, cando o comportamento dun socio vulnere estas condicións ou o socio teña cotas pendentes coa asociación.

4.- Acceso de usuarios á plataforma


O acceso ao sitio aula.apetega.gal realízase introducindo o "nome de usuario" e o "contrasinal" -facilitados por APETEGA- no enderezo seguinte:

acceso aula moodle
O usuario que acceda por primeira vez, deberá modificar o contrasinal de acceso para garantir a seguridade e confidencialidade no acceso á aula.
O usuario comprométese a non ceder o contrasinal a terceiros, de maneira temporal ou permanente, nin a permitir o acceso aos contidos a persoas alleas. Calquera feito que puidese dar lugar a un uso indebido do contrasinal (roubo, extravío, etc.) será comunicado a APETEGA co fin de cancelar a conta do usuario.

Se un usuario non recorda as claves para entrar, debe premer no enlace "esqueceu o seu nome de usuario e contrasinal" no que se indican os pasos para recuperalo.

Os cursos realizados antes do ano 2016 da sección "Xornadas de Tecnoloxía" terán permitido o acceso como convidado (sen necesidade de autenticarse).

5.- Obrigas dos usuarios


  • Proporcionar información precisa, actualizada e completa durante o proceso de inscrición coa fin de crear un perfil do usuario e asignar un rol.
  • Actualizar a información do seu perfil para mantela exacta e completa.
  • Facer un uso adecuado e lícito do sitio web, de conformidade coa lexislación aplicable en cada momento, e aterse ás condicións xerais sen prexudicar a outros usuarios nin a terceiros. Quedan, por tanto, expresamente prohibidas:

As accións que poidan danar, inutilizar, sobrecargar o servizo, os arquivos e toda clase de contidos na plataforma.

A utilización de virus informáticos ou calquera outro código, arquivo ou programa que estea  destinado a interromper, danar, ou limitar o funcionamento de calquera software, hardware ou equipo de telecomunicacións, danar ou obter acceso non autorizado aos datos ou outra información de terceiros.

Suplantar identidades ou intercambiar información privada propia ou de terceiros, que sexa confidencial ou persoal.

Transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros  calquera contido que subestime ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas das persoas, que incite ou promova actuacións ou actitudes discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición sexual.

 Usar os servizos que ofrece o portal cunha finalidade económica e comercial.

 Incorporar, poñer a disposición ou permitir o acceso a produtos, mensaxes e/ou servizos delituosos, racistas, violentos, mal intencionados, obscenos, pornográficos, abusivos, difamatorios, enganosos ou fraudulentos.

 Difundir material que sexa contrario ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas ou entidades.


APETEGA ten dereito a denunciar e a investigar calquera das condutas mencionadas así como a colaborar coas autoridades nas investigacións desas actuacións. O administrador da plataforma resérvase o dereito de desactivar o acceso a calquera contido colectivo ou revisar e editar o "contido de usuario", en calquera momento e sen preaviso, se considera que pode danar o sitio web ou violar os termos aquí recollidos, ou atendendo a requirimentos, ben de tipo administrativo ou xudicial ou do presidente da asociación.

Excepcionalmente, poderanse publicar na web contidos de terceiros que cumpran co recollido no parágrafo anterior en canto á licenza ou que conten coa debida autorización para a reprodución, distribución, transformación e comunicación pública a través de calquera medio electrónico, independentemente de que aparezan ou non publicados.

Sen embargo, se o usuario pertence ao corpo de profesores/ investigadores de calquera centro educativo, pode nas súas publicacións acollerse ao "dereito de cita", segundo o artigo 32 da Lei 21/2014, de 4 de novembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, citando en todo caso o nome do autor e a fonte.

En calquera caso, o usuario será o único responsable da publicación de contidos e das consecuencias de publicalos, mantendo indemne a APETEGA de calquera responsabilidade ao respecto, independentemente da relación que manteña ese usuario coa asociación.

6.- Condicións do servizo


APETEGA comprométese a non escatimar esforzos para manter a plataforma sen erros e en correcto funcionamento. Con todo, poderá proceder en calquera momento á suspensión dos servizos ofertados durante o tempo que sexa necesario para a corrección de anomalías, actualización do software e calquera outra actuación de mantemento.

APETEGA e o seu administrador non teñen obriga de manter os rexistros de conexión ou datos de calquera natureza transmitidos polos usuarios; eses rexistros ou datos deben gardalos os propios usuarios polos medios que consideren adecuados, polo que a asociación non será responsable da súa perda.

APETEGA pode chegar a acordos con terceiros para ofrecer novos recursos na plataforma. Eses contidos estarán dispoñibles na plataforma mentres os acordos o permitan.
A modificación, borrado ou engadido de contidos, ben por extinción de acordos con terceiros, ben por decisión de APETEGA, non precisa de preaviso e non poderá dar lugar a reclamación por danos e prexuízos derivados da súa retirada ou modificación.

Non obstante, aquela información relevante sobre servizos prestados en www.apetega.gal/aula, ou sobre novidades importantes, reflectirase na web da asociación.

Neste sitio web pódense incluír enlaces a outras páxinas web xestionadas por terceiros. APETEGA e o seu administrador, non son responsables da dispoñibilidade nin do tipo de contidos ofertados por eses espazos web.

APETEGA concede aos usuarios o dereito a crear enlaces á páxina principal de www.apetega.gal/aula para uso privado e non comercial. 

7.- Custos do servizo


A matrícula dos cursos será gratuita para os asociados de APETEGA e terá un custo que establecerá a directiva ou a asemblea para o alumnado non socio. 

En ningún caso se empregará publicidade de produtos ou servizos para sufragar os gastos orixinados por este sitio web.

8.- Exclusión de responsabilidade


Ademais das exclusións expresadas ao longo deste documento, APETEGA non asume ningunha responsabilidade:

  1. Nos problemas de acceso, dispoñibilidade, fallos na infraestrutura ou mal funcionamento dos recursos dispoñibles no portal, ben por causas alleas, de forza maior ou por causas imputables ao sistema.
  2. Na publicación e uso dos contidos por parte dos usuarios, referidos a documentos baixo dereitos de autor e a existencia de hiperenlaces a webs externas, cuxo contido non supervisa APETEGA.
  3. Na interacción que manteñan os usuarios entre si. APETEGA non asume nin a mediación nin a resolución de conflitos que puidesen xurdir por anotacións ou valoracións libremente emitidas polos usuarios, á marxe das presentes condicións legais.
  4. No emprego do portal desde fóra do territorio español. (O emprego do portal noutros países será baixo a responsabilidade dos usuarios e rexerán as normas e leis vixentes nos mesmos).

9.- Lexislación e xurisdición aplicable


As presentes condicións e termos de uso, réxense polo dereito español. En caso de disputa ou litixio, referente á validez, interpretación e execución do recollido neste documento, será competencia dos Tribunais da cidade onde se estableza a sede social da Asociación.
A maior parte das comunicacións entre os usuarios e o administrador da plataforma faranse pola vía electrónica; esta comunicación terá a mesma validez que unha realizada por escrito, sempre e cando a lei o permita.

Estes termos, xunto coa política de protección de datos e privacidade, constitúen un acordo completo entre o usuario e APETEGA. A invalidez de calquera dos documentos decretada por un tribunal non afectará ás restantes disposicións.


Protección de datos

O usuario garante a veracidade e autenticidade da información e os datos persoais que comunica a APETEGA para a utilización da aplicación.

O usuario responsabilízase da actualización da información subministrada a través da modificación do seu perfil, quedando prohibida a utilización de identidades falsas ou a suplantación, de calquera maneira, da identidade de terceiros (incluíndo o uso dos seus datos, contrasinais, etc.).

Cambio no perfil de moodle

O contrasinal facilitado aos usuarios para o acceso á aplicación debe gardarse de forma segura. No caso de perda ou acceso indebido á aplicación por parte dun terceiro, o usuario afectado debe comunicalo a contacto@apetega.gal, quedando APETEGA libre de calquera responsabilidade que puidera derivarse do uso indebido dos datos ata o momento da comunicación.

Segundo o recollido no artigo 12 da LOPD, será responsabilidade exclusiva de cada usuario obter os permisos necesarios para incorporar datos de terceiros na aplicación.

O usuario acepta plenamente e sen reservas o tratamento dos datos facilitados por parte de APETEGA. Segundo o recollido na Lei 15/99, de Protección de datos de Carácter Persoal no Real Decreto 1720/2007, os seus datos formarán parte dun arquivo -aloxado na propia plataforma- do que é responsable APETEGA e que está inscrito na Axencia Española de Protección de Datos co nome de  "usuarios da aula.apetega.gal" e código 2162500800. APETEGA comprométese a utilizar eses datos exclusivamente para prestar os servizos solicitados, é dicir, o rexistro en www.apetega.gal/aula., e a non cedelos ou comunicalos a terceiras persoas ou entidades, mantendo a absoluta reserva dos mesmos. 

O usuario, poderá exercitar en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos recollidos e arquivados. O exercicio destes dereitos farase mediante comunicación escrita dirixida ao presidente de APETEGA na seguinte dirección de correo electrónico: contacto@apetega.gal

Se por calquera motivo perde a condición de usuario da aula, APETEGA borrará os datos persoais contidos na aplicación.


Dereitos de imaxe

Desde o sitio, o usuario rexistrado poderá inserir unha imaxe no seu perfil. Polo tanto, o usuario cédea sen carácter exclusivo e a nivel mundial a APETEGA, que acepta o dereito a utilizar esa imaxe para a publicación na plataforma, sen dereito a remuneración. Queda excluído o uso e a explotación da imaxe dos usuarios para fins diferentes aos establecidos.


Política de Cookies

As cookies son un ficheiro que se descarga no navegador do usuario ao acceder a determinadas web, que recollen información sobre a navegación por ese sitio web. Nalgúns casos as cookies son necesarias para facilitar a navegación e permiten almacenar e recuperar información sobre hábitos de navegación do usuario ou do seu equipo.

O sitio www.apetega.gal/aula non utiliza cookies propias senón as do software Moodle: 

  • A chamada MoodleSession. Debe permitir que o seu navegador a acepte para poder manter o servizo funcionando dunha páxina a outra. Cando sae da plataforma ou pecha o seu navegador a cookie destrúese (no seu navegador e no servidor).
  • A outra cookie, MOODLEID limítase a lembrar o seu nome de usuario dentro do navegador. Isto significa que cando regrese ao sitio escribirase automaticamente o seu nome no campo nome de usuario da páxina de acceso. Se quere maior seguranza non empregue esta opción; só terá que escribir manualmente o seu nome cada vez que queira acceder.

Vostede pode permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu ordenador. Por favor, lea atentamente a sección de axuda do seu navegador de internet para coñecer máis sobre como acceder ao “modo privado” ou desbloquear determinadas cookies.
  • Para máis información sobre o navegador Explorer pulse aquí.
  • Para máis información sobre o navegador Firefox pulse aquí.
  • Para máis información sobre o navegador Opera pulse aquí.
  • Para máis información sobre o navegador Google Chrome pulse aquí.
  • Para máis información sobre navegador Safari pulse aquí.



Última modificación: Luns, 17 de Abril do 2017, 20:39