Desafío STEM

Desafío STEM é un concurso orientado a desenvolver as competencias STEM (Sciencie, Technology, Engineering, Mathematics) a través do desenvolvemento de proxectos de programación e robótica. A competición consiste en que profesores/monitores e participantes formen un equipo para o desenvolvemneto dun proxecto tecnolóxico innovador, dentro dunha das seguintes temáticas: Internet das cousas, Industria local, E-Health, Educación dixital, Ciberseguridade ou outros proxectos tecnolóxicos. Anímaste? É moi sinxelo.