III Scratch Day - 2017

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

 

Se dirixe fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación de robots a través de Scratch.

 

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara a programación informática.

 

Ademais, en paralelo, impartirase un obradoiro tamén de programación de robots a través de Scratch, destinado fundamentalmente a persoas interesadas en formar a rapaces.

A formación do Scratch Day será impartida por integrantes de Código Octopus, unha plataforma de recursos en galego ao servizo do profesorado que desexe introducirse na programación para a docencia.

 

¿Hai algún requisito para asistir al evento?

 

Para o taller de rapaces, estes deberán ter entre 7 e 15 anos e virán acompañados dun adulto.

 

¿Precísanse coñecementos previos de programación ou Scratch?

 

É preciso que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch

 

¿É preciso traer algo?

 

Sí, debes traer o teu portátil (non serven tablets ou smartphones) preferiblemente cos seguintes programas instalados:

 

 

¿Onde podo poñerme en contacto coa organización no caso de ter algunha pregunta?

 

Por correo (eventos@cpetig.org) ou no teléfono 630.778.003