Arranca a OSHWDem 2018

Enviado por administrador el Dom, 22/07/2018 - 13:19

A OSHWDem é unha evento de tecnoloxía único, para todos os públicos, de entrada gratuíta e sen inscrición. Acolle cada ano máis dun centenar de proxectos libres que os seus creadores expoñen ao público asistente nun ambiente próximo e amigable. Ademais celebraranse incribles competicións de robots que poderás gozar como espectador ou competindo. Siguelíneas, Sumo, Labirinto, combate de robots e Hebocon, hai oco para todos os niveis. Bota unha ollada ás regras!.

Cumprimos xa sete anos e durante este tempo a feira acolleu a máis de 8000 asistentes e viñeron a expoñer os seus proxectos libres ou colaborado máis de 1230 makers da comunidade de hardware e software libre. Para BricoLabs, como organizadores, estas cifras supoñen unha responsabilidade moi grande. A nosa intención é que cada OSHWDem sexa sempre a mellor da historia. Por iso, estamos a preparar moitas cousas para esta edición. Esperámosvos un ano máis, xa que a OSHWDem é unha feira feita por e para makers.