Campamentos tecnolóxicos de verán dirixidos á mocidade

Enviado por administrador el Dom, 17/06/2018 - 22:55

A Xunta de Galicia organiza por primeira vez dous campamentos tecnolóxicos de verán dirixidos á mocidade

O albergue xuvenil de Gandarío acollerá do 1 ao 8 de setembro dúas novas iniciativas para o fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, que lles permitirán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo e os fundamentos para a creación, control e voo dun dron

A Xunta de Galicia amplía a oferta de actividades de ocio e formación dirixidas á xente nova para esta tempada estival coa organización de dous novidosos campamentos centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas. Esta acción, enmarcada, no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (Digitalent 2020) que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), engádase á programación da Campaña de Verán 2018 que impulsa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.