Os vindeiros 13 e 14 de abril, terán lugar no IES Lamas de Abade de Santiago de compostela as XVII Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí (programa.pdf)
Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas (resolución). O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude.
Inscrición:
Nota: Consulte por favor o programa das xornadas antes de formalizar a súa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.
As cotas de inscrición son:
-
Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)
-
Non socios/as: 60 euros (50% redución para estudiantes e desempregados)
AVISO: No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.
O procedemento de inscrición é o seguinte:
-
Completar este formulario do 15 de marzo ao 7 de abril de 2018 (utilizar o correo de gmail).
-
Segundo corresponda, facer o ingreso na conta de Caixa Rural nº ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.
-
As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVII Xornadas da aula virtual (tódolos socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 21:00 horas do 12 de abril de 2018.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios