Día Internacional das Rapazas nas TIC

O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, e celebrámolo por todo o alto no CESGA!

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Teremos un programa moi completo:

Pola mañá, ás 11:00 am celebraremos un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A duración da actividade será de 1:30 horas, ata ás 12:30.