Os vindeiros 21 e 22 de marzo terán lugar no IES San Rosendo as XXI Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA.
Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.
A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XXI XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES Plurilingüe San Rosendo o 21 e 22 de Marzo de 2025.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XXI XORNADAS 
Prazo de inscrición: ata o 18 de Marzo ás 22.00 h
LISTADO DE ALOXAMENTOS EN MONDOÑEDO PARA AS XORNADAS
OBXECTIVOS
- Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
- Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IoT, etc.
- Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público.
CONTIDOS
- Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área. Exposición e posta en común do proxecto cREAgal.
- Cortadora láser, deseño 3D con Onshape, animación 3D con Blender, arquitectura bioclimática, ...
- Circuítos electrónicos, montaxe de circuítos pneumáticos controlados por PLC, manexo do simulador "Cade Simu", drons...
- As redes sociais no Fediverso, IA (impacto da IA na sociedade, creación de Axentes Intelixentes, aplicacións prácticas da IA na educación), IoT, Raspberry Pi, MQTT, Node-RED...
METODOLOXÍA
- Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos.
IMPORTANTE
- Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc.
- Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas.
- Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización.
- Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas (https://www.apetega.gal/gl/novas/2025/xxi-xornadas-de-tecnoloxia).
- O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude dixital.
Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.
- Número de prazas: 120
- Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
- Prazo de inscrición: dende o 18 febreiro ás 22:00 h ata o 18 de marzo ás 22:00 h.
- Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
- Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
- Os non socios que desexen aproveitar a ocasión para asociarse só terán que facer un ingreso de 70 € na conta de APETEGA correspondentes á cota de alta como socio e enviar a autorización de domiciliación bancaria asinada, para a seguinte renovación anual a contacto@apetega.gal.
- Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)
- Log in to post comments