VI Xornadas Monográficas APETEGA. Intelixencia Artificial

Enviado por administrador on Mar, 09/12/2023 - 08:50

Os vindeiros 29 e 30 de Setembro APETEGA organiza as VI XORNADAS MONOGRÁFICAS, nesta ocasión sobre  INTELIXENCIA ARTIFICIAL, en Santiago de Compostela. A Xornada están prehomologadas pola Consellería por un total de 12 horas de formación. Para a xornada do sábado é recomendable traer un portátil (con navegador actualizado).

As actividades previstas son:

Venres 29: CITIUS (USC - campus sur, preto da facultade de Matemáticas)

16:00 - 16.30: recepción dos participantes.

16:30 - 20:00: visita guiada e comentada polo CITIUS a cargo dos investigadores da USC en IA. Exposición de diversos proxectos con IA en desenvolvemento (coma por exemplo o de NÖS) e distintas técnicas e algoritmos da IA actual.

21:00: cea informal por confirmar preto do Campus Sur (custe estimado: 15€)

 

Sábado 30: GaiásTech (Gaiás - Cidade da Cultura)

10:00 - 11.30: Obradoiro práctico con Raspberry, material de IOT dos polo creativos e uso da IA a cargo de Rubén Beiroa, colaborador do GaiásTech e participante habitual nos obradoiros de APETEGA.

11:30 - 12:00: Café (incluído no prezo da comida)

12:00 - 14:00: Charla e obradoiro do uso da IA na educación secundaria a cargo de Juán David Rodríguez (autor dunha das web de referencia sobre IA en educación: web.learningml.org/).

14:00 - 16:00: Comida de cátering no Gaiás (custe estimado: 25€, incluíndo café da mañá)

Conta da APETEGA (Caixa Rural nº ES14 3070 0021 7561 9418 8329), indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 26 de setembro

16:00 - 17:30: Mesa redonda "Uso ético da IA". Poñentes pendentes de confirmar.

17:30 - 19:00: Charla e análise do currículo da nova materia de IA para Secundaria, a cargo de Francisco Bellas (profesor de Universidade e autor do currículo da materia).

19:00 - 20:00: comunicacións didácticas de materiais e actividades relacionados coa IA utilizado por profesorado de APETEGA en cursos anteriores. Quen queira participar pode poñerse en contacto coa directiva e indicalo ao matricularse.

Prazo de matriculación nas Xornadas: do 17 de setembro, ás 10:00, ao 25 de setembro ás 22:00, na aula virtual de APETEGA.