DIC Galicia 2018!

Enviado por administrador el Lun, 30/04/2018 - 23:53
O COGITT (Colexio Oficial de Graduados Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións) e a AGGETT (Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación) organizan a segunda edición deste Congreso Internacional de Drons. Celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense, aínda que tamén contará con sorpresas en distintos puntos da contorna.
DEC Galicia volverá congregar a empresas e profesionais dos distintos sectores que poden aproveitarse das posibilidades que ofrecen os drons e as súas aplicacións. Nesta edición tentaremos profesionalizar aínda máis os relatorios e darlle un espírito máis participativo. Ademais, potenciaremos a zona de exposicións con moito máis espazo e a presenza dos principais axentes do momento no sector. Como non queriamos esquecernos de ninguén, ao longo dos tres días do congreso organizaranse distintas exhibicións para facer partícipe ao público xeral e en particular, aos máis peques da casa. Para confeccionar o mellor dos menús posibles, deixámonos asesorar por un variado grupo de expertos, que nos garanten un éxito absoluto do evento.